Volver ao contido

Valoración online de bens inmobles

A Axencia Tributaria de Galicia pon á súa disposición os seguintes medios para que poida exercer o seu dereito a ser informado dos valores dos bens inmobles que vaian ser obxecto de adquisición ou transmisión, conforme ao artigo 34, letra n), da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeneral Tributaria.

 

Para obter información con carácter previo á adquisición ou transmisión de bens inmobles situados na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos dos impostos de sucesións e doazóns, e transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados, establécense dous sistemas:

 

1.     Sistema Web: se polas características do ben está dentro do ámbito de aplicación da Orde pola que se desenvolve o medio de comprobación de valores de prezos medios aplicables a determinados inmobles rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galicia e se aproban os prezos medios no mercado aplicables no exercicio, ditada ao abeiro do artigo 57.1 c) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeneral Tributaria, ten á súa disposición unha ferramenta adaptada a esta na Oficina Virtual Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia na súa modalidade de servizos de acceso libre. Recoméndase achegar coa autoliquidación do imposto a impresión de valoración obtida a través da páxina web.

NOTA: Recorde que de acordo co establecido no artigo 134.1 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, a Administración tributaria non procederá á comprobación de valores se os obrigados tributarios declararon utilizando os valores resultantes da correcta aplicación desta orden. Isto non impedirá a comprobación dos elementos de feito e circunstancias manifestados polo obrigado tributario.

 

2.     Sistema presencial: no caso de que se trate de bens excluídos do ámbito de aplicación da Orde antes citada ou en virtude do disposto no artigo 90 da Lei xeral tributaria, vostede desexa solicitar a valoración poderá facelo dirixíndose á unidade de valoración da Axencia Tributaria de Galicia que sexa competente segundo a situación do ben. A devandita solicitude deberá facela empregando os formularios que ten á súa disposición na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia. As valoracións previas solicitadas ao abeiro do artigo 90 da Lei Xeral Tributaria terán efectos vinculantes durante un prazo de tres meses, contados dende a notificación ao interesado, sempre que a solicitude se formulase con carácter previo á finalización do prazo para presentar a correspondente autoliquidación ou declaración e se proporcionasen datos verdadeiros e suficientes á Administración tributaria. Para estes efectos presentarase acompañando á autoliquidación, o informe emitido polos servizos de valoracións (sistema presencial).

 

Así mesmo debe achegarse o xustificante de pagamento da taxa (Modelo A. Autoliquidación de taxas) correspondente, segundo o disposto no artigo 26 do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado.

 

Modelo A. Autoliquidación de taxas.

 

CÓDIGOS:

 

-         Consellería de:  Facenda

05

 

 

-         Delegación:

 

  • A Coruña

10

  • Lugo

20

  • Ourense

30

  • Pontevedra

40

  • Vigo

41

 

 

-         Servizo de: Axencia Tributaria de Galicia

08

 

 

 

 

Código

 

Tipo de ben (por cada ben inmoble)

TAXA - DENOMINACIÓN

327601

Pisos, locais, garaxes, almacéns, terreos rústicos ata 10 ten sen edificacións

20

327602

Casas, Naves, Edificios ou partes dun edificio, Hoteis

40

327603

Solos Urbanos, urbanizables, mixtos e asimilados

40

327604

Terreos rústicos de máis de 10 Ha, con melloras ou con edificacións

40

327605

Inmobles singulares de Patrimonio Histórico e resto de bens ou dereitos

60